miércoles, 28 de noviembre de 2007

En tiempo de prodigios

En cuestión de dúas semanas estaremos en plena campaña de Navidad. Sempre fun unha apaixoada lectora, pero desde que naceu a miña filla, tiña esta afición un tanto abandoada porque outras cousas tiñan prioridade. Sen embargo pouco a pouco vou recuperando algún tempo para a lectura. Este libro chegou as miñas mans, nunca mellor dito, da man da miña cuñada Ana, i achegoume un montón de sentimentos, e reflexións que me gustaría compartir con vos. Así que si hai algún lector que non saiba que comprar ou regalar, é un libro superrecomendable. Ahí va un pequeno adianto:

"He escuchado demasiadas veces que la gente es mala, pero no estoy segura de que sea verdad. Porque me he cruzado en el camino con muchas personas buenas. Y no hablo de mis amigos, de mi familia, de cuya bonhomía no he dudado nunca, pues tengo de ella suficientes pruebas. Hablo del corazón de los demás, de los desconocidos que pasan por nuestra vida y dejan en ella una reserva de ternura gratuita que no nace del interés, ni de la convivencia, ni de la obligación. Surge de algo limpio y misterioso: de la bondad humana".(...)

Bicos

Castañas

E comemos unhas castañas, que xa se están a acabar

Facemos o payaso

Non sei quen o pasa mellor!!!!

Quentándonos

O prometido é deuda, ....un pouco de calor....

E chegou o frío

Bueno e chegou o frío y hay que sacar os jerseis de lá do armario....eu estoy aquí cun montón de problemas para ver o meu blog....supoño ¿que tamén vos pasa????? Bueno paciencia!!!!!!!!!!!!! que se lle vai facer!!!! Vou buscar algo que nos axude ó levar o día

Xogos

Ahí vos mando unha foto dun xogo que lle encanta a miña filla, e os seus amigos. Como vedes cada animal vai cun alimento, e ten un rabo.

Ingenieros Aeronáuticos

Como este inverno acompaña, que mellor para os nenos, e os que non son tan nenos que andar por fora a xogar. Estaban todos moi interesados en montar o avión que desfixeran. Ó final sobraban pezas, pero todos sen pelear e concentrados, concentrados.

Está claro que os nenos aprenden xogando, e xogan aprendendo.



Un saudo a todos

viernes, 23 de noviembre de 2007

Vete a dormir

Tocaba colgar algún vídeo, i a verdade eu voto unhas risadas con estas persoaxes (Trancas e Barrancas) do programa El Hormiguero de Pablo Motos. Fai anos escoitaba a Pablo na radio, i ademáis de parecer moi boa xente, facía unha radio intelixente y orixinal. Supoño que pretende trasladar a mesma filosofía a TV, aínda que cos tempos que corren na TV é difícil.

Un saúdo e que os peques vaian cedo para a cama

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Análise dos BLOGS EDUCATIVOS-INFANTIL


Antes de comezar coa análise dos blogs de infantil escollidos, vou facer unha pequena INTRODUCCION onde vou a dar unha definición de BLOG, aínda que supoño que nestes momentos todos temos unha "lixeira" idea do que son. Quédome coa que da a enciclopedia libre de Wikipedia:

"Un blog, (en español, tamén, unha bitácora), é un sitio web periodicamente actualizado que recopila cronoloxicamente textos dun ou varios autores, aparecendo primeiro o máis recente, onde o autor conserva sempre a liberdade de deixar publicado o que crea pertinente. O termo blog ven das palabras web e log ('log' en inglés = diario). O termo bitácora, fai referencia ós antigos cadernos de bitácora dos barcos, e úsase cando o autor escrebe sobre a súa vida propia como se fose un diario pero publicado en Internet, en liña."


Os primeiros blogs apareceron en Estados Unidos (2000) tratando temas políticos preferentemente. Para posteriormente estudarse nas facultades de periodismo. Ata chegar ó 2005 onde o fenómeno dos blogs de todo tipo de temática é imparable. Así, o 31 de agosto do 2005 foi o día escollido para celebrar O día Internacional do Blog na web.
Actualmente o seu uso e creación é tan simplificado que prácticamente calquer usuario podería utilizalo como ferramenta (eso sí, se o usuario e coma min, mellor cunha boa axuda externa).
As ferramentas que proporcionan aloxamento gratuíto asignan ó usuario unha dirección web (p.ex. no caso de Blogger a dirección asignada termina en "blogspot.com" e proveenlle dunha interfaz para que poida engadir e editar contidos.

ELEMENTOS COMÚNS A TÓDOLOS BLOGS

-COMENTARIOS
-ENLACES
-FOTOGRAFÍAS Y VIDEOS
-SINDICACION (pola multiplicidade de formatos nos que se publican)
-A INTERACTIVIDADE é algo característico dos webblogs (en comparación coas web tradicionais) xa que se actualizan frecuentemente e permiten ós visitantes respostar ás entradas. Por iso os blogs funcionan moitas veces como ferramentas sociais, que permiten poñer en contacto persoas interesadas nunha mesma temática, no noso caso, a educativa.

A continuación entrarei a analizar os meus blogs educativos:

A) http://anosaclase.blogspot.com/
E como el mesmo recolle, trátase dun Diario de experiencias de 21 nen@s de Educación Infantil, dunha aula do CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo-A Coruña) e que vota por terra, ese rumor tan extendido por desgracia de que "os mestres teñen moitas vacacións e tempo libre".
O encabezamento do blog é moito máis cunha declaración de intencións, é toda unha filosofía de vida que inspira ó mestre autor do blog: "os nenos aprenden pouco das palabras; só serven os teus actos e a sua coherencia con éstas". Escrito íntegramente en galego, nel atopamos fotos e videos dos alumnos e as dintintas actividades desenvoltas cos mesmos. O autor recolle tamén outros blogs amigos e páxinas web así como un contador de visitas que recibe, que son un montón.
A análise deste blog pode facerse seguindo as seguintes referencias:
  • A audiencia: mestres de infantil ou pais e nais e, en xeral, tódalas persoas interesadas na temática educativa.
  • O que máis me gusta: é un blog moi "vivo", onde queda reflectido todo o traballo do profesor e os alumnos na aula.
  • O propósito: é precisamente dar a coñecer este traballo a toda persoa que estea interesada. Ademáis se non se pertence á comunidade educativa da escola non podería chegar a entenderse nin a valorarse. Por outra banda, tamén é un modo de autoafirmarse ou valorarse do mestre en cuestión. En todo momento está aberto ás suxerencias dos pais dos nenos e os compañeiros, a través da ferramenta comentarios.
  • O contido: é lexible, interesante i entretido, así como apropiado para a súa audiencia. Se puidera facerlle algunha suxerencia, sería que os textos foran máis concisos, aínda que non é doado xa que moitas veces ten que explicar a actividade a desenvolver. Non hai erros gramaticais graves.
  • O aspecto: navégase de forma sinxela e intuitiva; a paleta de cores e os tipos de letras son normais.
  • Os posts: póñense de forma constante, desde setembro de 2006, para que os lectores atopen o que buscan.
  • Os comentarios: lense e contestan para crear unha sensación de comunidade, sen embargo hai poucos.
En definitiva convídovos a todos a que lle votedes unha ollada, eu xa o añadín ós meus blogs amigos.


B) http://bicosdevento.blogia.com/
Eu definiríao como un blog artístico, onde os poemas e a pintura son as protagonitas. Trátase dun blog moi sencillo, e como @s autores definen o seu obxectivo é recoller poemiñas que van xurdindo nas escolas (para facer a fila, para comezar un xogo, para elexir equipos, para xoñar e xogar coas palabras).

Permite tamén comentarios e o seu blog amigo http://escoladecaracois.blogia.com/ está escrito integramente en galego. Os seus destinatarios son os nenos, os pais e nais e os mestres de infantil, que poden buscar ideas "para xogar coas palabras", como eles mesmos din.

O que máis me gusta deste blog é a su orixinalidade e a sua sensibilidade artística. Igualmente convídovos a que lle votedes un vistazo aínda que non sei se haberá tempo para visionar todo o que un quere.

Dia Internacional dos Dereitos do Neno

D
A Declaración dos Dereitos do Neno foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en Resolución do 20 de novembro de 1959. Non ven mal recordalos, son dez (e poden servir para traballar con alumnos maiores e tamén con pequenos):
1. Dereito a igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2. Dereito a unha protección especial para que poidan medrar física, mental e socialmente sanos e libres.
3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4. Dereito a unha alimentación, vivenda i atención médica axeitadas.
5. Dereito a educación e atencións especiales para os nenos física ou mentalmente disminuidos.
6. Dereito a compresión e amor por parte das familias e da sociedade.
7. Dereito a unha educación gratuita. Dereito a divertirse e xogar
8. Dereito a atención e axuda preferente en caso de perigo.
9. Dereito a ser protexido contra ó abandono e a explotación no traballo.
10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo.

Estos dez principios resumidos ademáis do texto completo da Declaración podes atopalo na seguinte dirección de Amnistía Internacional: http://www.Amnistiacatalunya.org/edu/humor/mafalda/index.htm

Si prefires un estudio da Convención para os Dereitos do Neno adaptada ós máis xóvenes podes obtela no seguinte documento publicado por Unicef:http://www.educacionenvalores.org/article.php3?id_article=457

Pola contra, se queres ver unha serie de debuxos animados, que te podan axudar a que os teus futuros alumnos se estrenen coa sua imaxinación e pincel, consulta estas páxinas:http://www.unicef.org/spanish/crcartoonssp/

Por último os cativos da foto son o meu sobriño Santi e a miña filla Laura. Como podedes ver, menudo par!!!!

E chegou a choiva


Hola compañeiros por fin chegou a choiva, i eu non sei si saberei utilizar este artiluxio chamado paraugas....je,je....E unha broma!!!! ¿Cómo van esas prácticas? Eu non as podo facer este ano, pero estou moi interesada en que poñades as vosas experiencias, i estarei pendiente de todas elas. Eu polo pronto como o tempo acompaña, adicareime a facer o traballo de análise dos blogs de educación infantil escollidos, e que xa colguei do meu blog por si queredes votarlle unha ollada.

Bicos e non esquezades de coller o paraugas

mis blogs infantil para analizar

http://www.anosaclase.blogspot.com/
http://bicosdevento.blogia.com/

martes, 20 de noviembre de 2007

camiñando


Bueno como vereis unas veces escribo en castellano y otras en gallego.
Esta quería que fuera la primera foto del blog....Camiñando porque es así como me siento....
pero todavía bastante perdida
Animos y nos vemos en la web.

Divirtiéndonos

Bueno como véis, cualquiera le quita las cucharas!!!

Fue realmente una experiencia divertida, con gaiteiros, juegos, disfraces....

Al final le metimos una velita dentro y daba una luz naranja superbonita.

A miña filla iba tan contenta ca sua calabaza!!!

O Samaín


Bueno, me costó pero creo que al final he logrado colgar la foto de la calabaza ...bufffffff estoy teniendo problemas con el servidor de casa, así que algo que pretendía hacer diariamente mientras tuviera esta clase de nuevas tecnológías se ha tornado imposible. Así que ahora vereis que en el mismo día hago varias entradas. Lo que estoy haciendo es juntar cosas que me gustan o parecen interesantes para compartir con vosotros, y las subo a mi blog cuando "puedo".
La foto pertenece al Magosto de este mes de Noviembre....no sé quien lo pasó mejor los niños o los padres.
Un saúdo para todos

miércoles, 7 de noviembre de 2007