D
A Declaración dos Dereitos do Neno foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en Resolución do 20 de novembro de 1959. Non ven mal recordalos, son dez (e poden servir para traballar con alumnos maiores e tamén con pequenos):
1. Dereito a igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2. Dereito a unha protección especial para que poidan medrar física, mental e socialmente sanos e libres.
3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4. Dereito a unha alimentación, vivenda i atención médica axeitadas.
5. Dereito a educación e atencións especiales para os nenos física ou mentalmente disminuidos.
6. Dereito a compresión e amor por parte das familias e da sociedade.
7. Dereito a unha educación gratuita. Dereito a divertirse e xogar
8. Dereito a atención e axuda preferente en caso de perigo.
9. Dereito a ser protexido contra ó abandono e a explotación no traballo.
10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo.
Estos dez principios resumidos ademáis do texto completo da Declaración podes atopalo na seguinte dirección de Amnistía Internacional: http://www.Amnistiacatalunya.org/edu/humor/mafalda/index.htm
Si prefires un estudio da Convención para os Dereitos do Neno adaptada ós máis xóvenes podes obtela no seguinte documento publicado por Unicef:http://www.educacionenvalores.org/article.php3?id_article=457
Pola contra, se queres ver unha serie de debuxos animados, que te podan axudar a que os teus futuros alumnos se estrenen coa sua imaxinación e pincel, consulta estas páxinas:http://www.unicef.org/spanish/crcartoonssp/
Por último os cativos da foto son o meu sobriño Santi e a miña filla Laura. Como podedes ver, menudo par!!!!
Nuevos aires para el dorado martiano
Hace 4 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario