miércoles, 21 de noviembre de 2007

Análise dos BLOGS EDUCATIVOS-INFANTIL


Antes de comezar coa análise dos blogs de infantil escollidos, vou facer unha pequena INTRODUCCION onde vou a dar unha definición de BLOG, aínda que supoño que nestes momentos todos temos unha "lixeira" idea do que son. Quédome coa que da a enciclopedia libre de Wikipedia:

"Un blog, (en español, tamén, unha bitácora), é un sitio web periodicamente actualizado que recopila cronoloxicamente textos dun ou varios autores, aparecendo primeiro o máis recente, onde o autor conserva sempre a liberdade de deixar publicado o que crea pertinente. O termo blog ven das palabras web e log ('log' en inglés = diario). O termo bitácora, fai referencia ós antigos cadernos de bitácora dos barcos, e úsase cando o autor escrebe sobre a súa vida propia como se fose un diario pero publicado en Internet, en liña."


Os primeiros blogs apareceron en Estados Unidos (2000) tratando temas políticos preferentemente. Para posteriormente estudarse nas facultades de periodismo. Ata chegar ó 2005 onde o fenómeno dos blogs de todo tipo de temática é imparable. Así, o 31 de agosto do 2005 foi o día escollido para celebrar O día Internacional do Blog na web.
Actualmente o seu uso e creación é tan simplificado que prácticamente calquer usuario podería utilizalo como ferramenta (eso sí, se o usuario e coma min, mellor cunha boa axuda externa).
As ferramentas que proporcionan aloxamento gratuíto asignan ó usuario unha dirección web (p.ex. no caso de Blogger a dirección asignada termina en "blogspot.com" e proveenlle dunha interfaz para que poida engadir e editar contidos.

ELEMENTOS COMÚNS A TÓDOLOS BLOGS

-COMENTARIOS
-ENLACES
-FOTOGRAFÍAS Y VIDEOS
-SINDICACION (pola multiplicidade de formatos nos que se publican)
-A INTERACTIVIDADE é algo característico dos webblogs (en comparación coas web tradicionais) xa que se actualizan frecuentemente e permiten ós visitantes respostar ás entradas. Por iso os blogs funcionan moitas veces como ferramentas sociais, que permiten poñer en contacto persoas interesadas nunha mesma temática, no noso caso, a educativa.

A continuación entrarei a analizar os meus blogs educativos:

A) http://anosaclase.blogspot.com/
E como el mesmo recolle, trátase dun Diario de experiencias de 21 nen@s de Educación Infantil, dunha aula do CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo-A Coruña) e que vota por terra, ese rumor tan extendido por desgracia de que "os mestres teñen moitas vacacións e tempo libre".
O encabezamento do blog é moito máis cunha declaración de intencións, é toda unha filosofía de vida que inspira ó mestre autor do blog: "os nenos aprenden pouco das palabras; só serven os teus actos e a sua coherencia con éstas". Escrito íntegramente en galego, nel atopamos fotos e videos dos alumnos e as dintintas actividades desenvoltas cos mesmos. O autor recolle tamén outros blogs amigos e páxinas web así como un contador de visitas que recibe, que son un montón.
A análise deste blog pode facerse seguindo as seguintes referencias:
  • A audiencia: mestres de infantil ou pais e nais e, en xeral, tódalas persoas interesadas na temática educativa.
  • O que máis me gusta: é un blog moi "vivo", onde queda reflectido todo o traballo do profesor e os alumnos na aula.
  • O propósito: é precisamente dar a coñecer este traballo a toda persoa que estea interesada. Ademáis se non se pertence á comunidade educativa da escola non podería chegar a entenderse nin a valorarse. Por outra banda, tamén é un modo de autoafirmarse ou valorarse do mestre en cuestión. En todo momento está aberto ás suxerencias dos pais dos nenos e os compañeiros, a través da ferramenta comentarios.
  • O contido: é lexible, interesante i entretido, así como apropiado para a súa audiencia. Se puidera facerlle algunha suxerencia, sería que os textos foran máis concisos, aínda que non é doado xa que moitas veces ten que explicar a actividade a desenvolver. Non hai erros gramaticais graves.
  • O aspecto: navégase de forma sinxela e intuitiva; a paleta de cores e os tipos de letras son normais.
  • Os posts: póñense de forma constante, desde setembro de 2006, para que os lectores atopen o que buscan.
  • Os comentarios: lense e contestan para crear unha sensación de comunidade, sen embargo hai poucos.
En definitiva convídovos a todos a que lle votedes unha ollada, eu xa o añadín ós meus blogs amigos.


B) http://bicosdevento.blogia.com/
Eu definiríao como un blog artístico, onde os poemas e a pintura son as protagonitas. Trátase dun blog moi sencillo, e como @s autores definen o seu obxectivo é recoller poemiñas que van xurdindo nas escolas (para facer a fila, para comezar un xogo, para elexir equipos, para xoñar e xogar coas palabras).

Permite tamén comentarios e o seu blog amigo http://escoladecaracois.blogia.com/ está escrito integramente en galego. Os seus destinatarios son os nenos, os pais e nais e os mestres de infantil, que poden buscar ideas "para xogar coas palabras", como eles mesmos din.

O que máis me gusta deste blog é a su orixinalidade e a sua sensibilidade artística. Igualmente convídovos a que lle votedes un vistazo aínda que non sei se haberá tempo para visionar todo o que un quere.

1 comentario:

Bea dijo...

Ola! vuvhe dar a dirección so noso blogue de aula por se queres ver as aventuras duns pequenos de 5 anos con moitas, moitísimas gañas de aprender:
http://laclasedelospulpis.blogspot.com