Eu teño un poema en galego, que me encanta e que aprendín de memoria sendo moi nova (en plena adolescencia), é como non podía ser doutra forma, de Rosalía de Castro, da súa obra Follas Novas, e di algo así:
Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón
i eu non me acordo,
xa se aquel cravo era,
de ouro, de ferro, ou de amor.
Solo sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentou,
que eu día e noite,
sen cesar, choraba
cal chorou Madalena na pasión.
Señor que todo o podedes,
pedinlle unha vez a Dios,
daime valor para arrincar dun golpe,
cravo de tal condición,
e deumo Dios, e arrinqueino.
Mais , quen pensara,despois
xa non sentín máis tormentos,
nen souben o que era a dolor,
souben so que non sei que me faltaba
onde o cravo faltou.
E seica, seica tiven soidades de aquela pena
bon Dios, este barro inmortal que envolve o espíritu,
¿quen o entenderá Señor?
No hay comentarios:
Publicar un comentario